31 mar 2020
21 mar 2020
GaliciaLe
Que é GaliciaLe?
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

13 mar 2020
A enxeñeira aeroespacial Yvonne Brill: Ata o infinito e máis alá!
Yvonne Brill (1924 - 2013)
El juego de cartas “Mujeres de ciencia”
Yvonne tiña un desexo: quería ser enxeñeira, pero por desgraza considerábase unha zona "non adecuada" para as mulleres, e foi rexeitada. Entón decidiu estudar Matemáticas e licenciarse na Universidade de Manitoba (1945), en Canadá. Ás veces non hai ningún motivo para seguir o camiño marcado; hai atallo ou simplemente rutas alternativas que levan ao mesme destino. E se non existen, inventámolas, como fixo Brill; chegou á enxeñería a percorrer un camiño máis longo que os seus compañeiros, pero finalmente conseguiu o que quería, dedicouse ao campo aeroespacial e converteuse en pioneira nese campo grazas ao desenvolvemento dun novo sistema de propulsión para foguetes de hidracina que permitiron aos satélites transportar menos combustible e permanecer no espazo máis tempo.

Oceánicas
Oceánicas: pioneiras da oceanografía forma parte do proxecto de divulgación de
: mulleres e coeanografía do Instituto Español de Oceanografía (IEO), confinanciado pola fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), e que ten como obxectivo difundir o traballo de científicas que estudaron e estudas os océanos


" En Oceánicas: pioneiras da oceanografía contamos a historia de dez científicas ilustres, algunhas delas bastantes esquecidas. Dende a primeira e única muller que deu a volta ao mundo durante o tempo das grandes exploracións ás mulleres que hoxe lideran a loita pola conservación dos oceános. Todas elas son referencias necesarias para os mozos e mozas que soñan con ser científicas ou científicos mariños. O cambio climático, a pesca excesiva e a contaminación ameazan con transformar os océanos para sempre. Isto fai que o acceso igual de mulleres e homes en todos os campos da ciencia mariña, incluídas posicións de responsabilidade, sexa máis necesario que nunca... Temos un enorme reto e necesitamos ter todo o talento da humanidade".
https://oceanicas.ieo.es/historias-de-pioneras/

" En Oceánicas: pioneiras da oceanografía contamos a historia de dez científicas ilustres, algunhas delas bastantes esquecidas. Dende a primeira e única muller que deu a volta ao mundo durante o tempo das grandes exploracións ás mulleres que hoxe lideran a loita pola conservación dos oceános. Todas elas son referencias necesarias para os mozos e mozas que soñan con ser científicas ou científicos mariños. O cambio climático, a pesca excesiva e a contaminación ameazan con transformar os océanos para sempre. Isto fai que o acceso igual de mulleres e homes en todos os campos da ciencia mariña, incluídas posicións de responsabilidade, sexa máis necesario que nunca... Temos un enorme reto e necesitamos ter todo o talento da humanidade".
https://oceanicas.ieo.es/historias-de-pioneras/
12 mar 2020
Concepción Arenal
Concepción Arenal (03.10.1916 - 29.05.2005)
Xornalista, escritora e pioneira do feminismo español. A nai do feminismo español naceu en Ferrol, pero non viviu máis que ata os nove anos. Orfa de pai, mudou Galicia por Cantabria e posteriormente, Cantabria por Madrid. Establecida na capital, estudou primeiro no colexio de mozas e logo, vestida de home no colexio masculino, os primeiros síntomas da súa pelexa polo dereitos das mulleres. Fíxose xurista como oínte, un tertuliano infiltrado en conversas masculinas e informadora de lamentables inxustizas sociais a través de textos, cartas, ensaios xornalísticos, onde tamén abriu o melón da igualdade.
Xa maior, despois de dedicarse corpo e mente ao benestar e a reforma do sistema penitenciario, converténdose na primeira visitadora de prisión. Volveu a Vigo, onde morreu en 1983.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/03/06/100-gallegas-conoces-deberias/00031520358226883547349.htm
Wikipedia
11 mar 2020
Ángeles Alvariño, a gran oceanógrafa
María de los Ángeles Alvariño González, coñecida como Ángeles Alvariño (03.10.1916 - 29.05.2005)
Foi unha oceanógrafa española, zoóloga e profesora pioneira na investigación oceanográfica mundial. En 1953 - 1954 foi a primeira científica feminina nun barco oceanográfico británico, a Sarsia. A partir de 1956, dirixiu as súas investigacións nos Estados Unidos.
Descubriu 22 especies de organismos mariños.
Ángeles Alvariño foi a figura escollida pola Real Academia Galega das Ciencias (RAGC) para celebrar o 1 de xuño o "Día das Ciencias en Galicia", no que por primeira vez honrou a unha investigadora.

Wikipedia
10 mar 2020
Mulleres... A compañeira do perigo
Marie Marvingt (20 de febreiro de 1875 - 14 de decembro de 1963)

Marie Marvingt (1912). Imagen: Wikimedia Commons.
Foi unha atleta francesa, montañeira, aviadora e xornalista. Ganou numerosos premios por o seus logros deportivos. Foi a primeira muller en escalar moitos picos dos Alpes franceses e suizos.
Durante a Primeira Guerra Mundial, converteuse na primeira muller piloto de combate. Tamén foi enfermeira cirúrxica cualificada. Foi a primeira enfermeira de voo adestrada e certificada do mundo e traballou no establecemento de servizos de ambulancia aérea en todo o mundo.

Marie Marvingt (1912). Imagen: Wikimedia Commons.
9 mar 2020
Life Lugo+Biodinámico
Divina Vázquez Varela, nai de Daniel de 2º B e membro do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Lugo, xunto con outras compañeiras e compañeiros do equipo de investigación, tiveron a amabilidade de facilitarnos esta actividade de divulgación sobre as accións que se están desenvolvendo dentro do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, todas elas encamiñadas á adaptación ao cambio climático. Este proxecto, coordinado polo concello de Lugo, realízase no polígono industrial das Gándaras.
Alumnado e profesorado de 1º, 2º, 3º e 4º asistiron a estas interesantes charlas. Moitas grazas!
Alumnado e profesorado de 1º, 2º, 3º e 4º asistiron a estas interesantes charlas. Moitas grazas!



Mulleres... Mary Anderson, inventora do limpaparabrisas
Mary Anderson (Alabama 1866- Birmingham 1953)
Nunha visita á cidade de Nova York no inverno de 1902,viaxando en autobús, observou que o condutor tiña que parar e baixar continuamente para poder limpar a auga, a suciedade, o xeo que empapaban o parabrisas, tendo que baixar constantemente, tanto o condutor como os viaxeiros perderan moito tempo. Tamén advertira que tiña que deixar as fiestras medio abertas para evitar a condensación do vidro.
Cando chegou á súa cidade comezou a pensar nun dispositivo para evitar esa situación.
En 1903 solicitou a patente e concedéuselle 17 anos.
En 1920, cando a fabricación de automóbiles comezou a crecer, o deseño do limpaparabrisas de Anderson comezou a ser unha parte importante do coche. Cadillac en 1922 foi o primeiro fabricante de vehículos en adoptarlo.

6 mar 2020
Life Lugo+Biodinámico
Hoxe visitáronnos de Life Lugo+Biodinámico. Foi unha experiencia moi interesante, non sabemos se para os nenos pero si para os profes. Se se preme na imaxe accedemos á páxina web do proxecto. É moi interesante descubrir todo o que se está a facer.
Moitas grazas por compartilo con nós.
Prema na imaxe para acceder a súa páxina web
Suscribirse a:
Entradas (Atom)