23 dic 2020

Recomendacións de libros

 

Bo Nadal

Remata un ano complicado para todos nós, queremos desde a biblioteca do Menéndez desexarvos unhas boas festas e un ano cheo de esperanza, recobrando novos ánimos e novas ilusións, seguindo no camiño da lectura... onde descubrimos que neste tempo a lectura foi moi sandadora para todos.



 

17 dic 2020

RETO 3 SUPERADO

OS NENOS E NENAS DE 4º A DE EDUCACIÓN INFANTIL AXUDADOS POR PAIS E NAIS,  FIXERON XOGUETES RECICLADOS. QUE BONITOS !!!!!!

3 dic 2020

RETO 2 - SUPERADOS

 

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. En 6º de Infantil para traballar a igualdade realizamos actividades sobre o conto “ Artur e Clementina” de Adela Turín.



25 de novembro de 2020

 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA

Este día conmemora e recorda o asasinato na República Dominicana das irmás Mirabal en 1960, que foron coñecidas como "As bolboretas": Patria, Minerva e María Teresa.

Dende a nosa biblioteca propúxose traballar a palabra NON. Os nenos e nenas elaboraron a súa interpretación... Unha xornada dedicada á reflexíon sobre a violencia e, en especial sobre a violencia que sofren miles de mulleres no mundo.

 







17 nov 2020

Letras Galegas en outono: AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, profesor e defensor da nosa lingua e da nosa cultura. As nenas e nenos de 5 anos fixemos debuxos sobre o seu libro “As pitas baixo a choiva “, que conta o que lle aconteceu de pequeno un día de chuvia cando quería recoller as galiñas e acabaron mollados coma pitos, el, as galiñas e toda a familia.






  

 

5 nov 2020

HISTORIAS DE SAMAÍN 2020 -3-

 OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL CONSEGUIMOS O RETO 1 CON DEBUXOS DE CABAZAS BRUXAS, ZOMÍS, ESQUELETOS....


CARABUÑAS  6ºA EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil superaron O RETO 1 co conto CARABUÑAS
Que medo !!!!

HISTORIAS DE SAMAÍN 2020 - 2-

Historias de Samain II no Menéndez por alumnado de 3ºB

   


Historias de Samaín III no Menéndez por alumnado de 3ºB, Reto superado!!!!

Reto 2 -IGUALDADE

RETO 1 -SUPERADOS_



Historias de Samain II no Menéndez por alumnado de 3ºB  

Historias de Samaín III no Menéndez por alumnado de 3ºB, Reto superado!!!!




 OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL CONSEGUIMOS O RETO 1 CON DEBUXOS DE CABAZAS BRUXAS, ZOMÍS, ESQUELETOS....


CARABUÑAS  6ºA EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de 6º de E. Infantil superaron O RETO 1 co conto CARABUÑA
Que medo !!!!

2 nov 2020

16 oct 2020

XA ESTOU AQUÍ COLE !!!!

 OS NENOS E NENAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL XA CHEGAMOS AO COLEXIO.

4º A EDUCACIÓN INFANTIL


4º B EDUCACIÓN INFANTIL


16 sept 2020

BENVIDOS!!!!

Acordádesvos!

O curso pasado estudamos esta floriña!!!  

Cando a vemos no campo, indícanos un cambio... .... cambio de temperatura, cambio de estación, un cambio do tempo, un cambio das actividades, ... ... Nós tamén estamos nun novo tempo, nun novo curso que vai ser tamén diferente. A biblioteca tamén vai funcionar dun xeito distinto, irémosvos indicando como vai ser.
A pesar de todo temos que seguir lendo e lendo moito. Ler para descubrir, ler para aprender, ler para investigar, ler para poder opinar, ler para entender,... ... 
Dende a biblioteca seguímosvos animando coa lectura.
Bo curso.
Moito ánimo a todos e todas.



20 jun 2020

Lecturas verán 20

Ola, chicas e chicos!!
Agardamos que pasarades ben o confinamento e a desescalada. Gardade a distancia de seguridade e non esquezades a máscara!!!
Aproveitade este verán para pasalo moi ben. Tédelo merecido!!!
Desfrutade da natureza, do deporte, dos amigos, da familia...e de dedicar un tempo á lectura que vos levará a miles de aventuras.
Ánimo!!!