1 dic 2022

25 de novembro - Pintamos algo

Durante a semana do 21 ao 25 de novembro entre o equipo de biblioteca, dinamización lingüística e as seccións bilingües organizouse unha actividade para todos os nenos e nenas do noso cole, desde Infantil ata sexto de Primaria. O texto lema foi:

Está nas nosas mans o cambio, todos podemos facer algo e ser parte do cambio na nosa sociedade.


18 nov 2022

Outono 2022

Iniciamos o novo curso co tema do outono 


Don carballo chora landras

na amencida.

 

E don Outono baballa

néboa fría.

 

Don Labrego, de sombreiro,

aplaude a don Castiñeiro

con variña de abelaira.

 

E don Ourizo da chaira,

como non se ten coa risa,

cáenlle dentes de castaña.

 

HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia

 

 


As nenas e nenos de 3ºA recitaron esta poesía de outono aos compañeir@s do colexio






11 nov 2022

O MEDO NA ARTE


As rapazas e rapaces de 6º crearon as súas propias versións do cadro "El grito" de Edvard Munch para representar o medo, a desesperación, a angustia, a ansiedade.




8 nov 2022

CONTOS DE MEDO


As nenas e nenos de 4ºB crearon contos de medo que leron na clase de 1ºA. Ademais  deron explicación do deseño das portadas e contraportadas e das diferentes partes do conto.
Unha experiencia para repetir!






Máis contos de medo de alumnos/as de 5to e 6to:

14 sept 2022

NOVO PROXECTO NA BIBLIOTECA

O proxecto deste curso leva por nome "Axentes de cambio". Nel trataremos e realizaremos actividades relacionadas cos ODS, obxectivos globais deseñados para acadar un futuro mellor e máis sostible para todas e todos.



 

23 may 2022

letras galegas 2022

 

En clave inclusiva, derrubando barreiras, sen fronteiras, desde a tradición e a literatura desenvolvéronse os actos de celebración das Letras Galegas 2022 no colexio.

Cantigas como "Pan de millo" de Migallas, "Este olliño pimpilín" nas voces do alumnado de 3 anos e 4 anos A, outra dos Maios con percusión de paus interpretada polos nenos e nenas de 4 anos B. "O cuco", poesía musicada de Manuel María, cantárona as nenas e nenos de 5 anos.

Recitados individuais, en pequeno e gran grupo desde 1º ata 5º de Primaria da obra de Rosalía de Castro, de Manuel María e, por suposto, do autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán foron todo un pracer para os nosos sentidos.

En homenaxe ás tres pandeireteiras que demostraron que non hai fronteiras para a lingua galega todo o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria interpretou Terra de Tanxugueiras con pictogramas e cunha coreografía baseada no baile tradicional. 4º, 5º e 6º de Primaria fíxoa con lingua de signos e baile

O alumnado de 6º preparou para a ocasión unha emotiva presentación. Lúa e Iván de 6ºA e Iria e Brais de 6ºB conduciron a celebración maxistralmente. Nela mostráronnos un percorrido pola vida e obra de Florencio Delgado, rememoraron as súas propias vivencias no cole, faláronnos de palabras do ano, de inclusión...de morriña, de ilusión, de pasado e de futuro.

Todo acompañado de música tradicional, rematando os actos co noso himno.

O entusiasmo, interese e entrega foi xeneralizado. Unha celebración cargada de emotividade e de galego!

 


 

 



2 may 2022

Día do libro: O camiño dos libros

O Camiño dos Libros lévanos desde a biblioteca do centro cara aos corredores e por cada chanzo das escaleiras. Neste camiño atopamos os libros que cada nena e cada neno soña, le, goza, adora...

 







29 abr 2022

Por que temos embigo?

O 26 de abril o alumnado de 5 anos asistimos a unha charla afectivo-sexual titulada "Por qué temos embigo?", actividade impartida por matronas e ofertada por Fapegal a través da Anpa.


Podemos recomendar os seguintes libros:


guintes libros...


23 abr 2022

Los libros voladores - vídeo-

 The Fantastic Flying Books (Los Fantásticos Libros Voladores) Una historia divertida y muy original que te hará ver a los libros como tus mejores amigos. 

 

Día do libro 2022

 O Día do Libro no cole... Os rapaces e rapazas de sexto leron aos compañeiros máis pequenos do cole.

 

A viaxe de Exeria

 

O alumnado de 6ºB fixemos unha curta sobre as viaxes de Exeria utilizando unha webcam e a aplicación Cloud Stop Motion.
O primeiro que fixemos foi o texto. A medida que se ía facendo o texto, íanse asignando os diferentes escenarios e personaxes.
Tamén escollemos a música, puxémoslle o audio e fixemos a montaxe.
Os escenarios están realizados por: Miriam e Nahia, Noa B, Xavier, Kirian, Pablo, André, Raúl e Noa L .
Todos se inspiraron en imaxes de Internet . 
Os personaxes están feitos por: Alexander, Adriana, Anxo F, Silvia, Iria F, Lúa e Miriam . Tamén se inspiraron en imaxes buscadas en Internet.
A música foi escollida por: Victor, Samuel, Brais V e Anxo L . A música extraérona da páxina Free Music e polo tanto pódese compartir.
A montaxe está feita por: Noa B, Iria M e Candela. A montaxe consta de 175 fotogramas.
O texto está realizado por: Mario, Iria M e Candela. Sacamos a información de diversas fontes atopadas en Internet.
Finalmente púxolle voz ao noso traballo a nosa compañeira: Iria M.
Este texto está escrito no blog por: Candela, Iria M, Miriam e Adriana.
Grazas por ver!
 

 
 
 







24 mar 2022

Miró e o Entroido

A voltas polo  mundo o alumnado de 5 anos de Educación Infantil fixo unha paradiña no noso país España para descubrir as súas paisaxes, costumes, gastronomía...e, aproveitando as datas do Entroido descubrir un dos nosos grandes artistas JOAN MIRÓ.

Agardamos que vos guste.