22 dic 2012
21 dic 2012
17 dic 2012
13 dic 2012
OS PITIÑOS
Os nenos e nenas de 4 anos investigamos como son os pitiños. Fomos a biblioteca a ver contos de galiñas, galos, pitos e os seus amigos da granxa, despois fixemos un polo de plastilina. Os pais e nais axudáronnos a saber mais cousas destes animais.
12 dic 2012
27 nov 2012
mochila
Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores esperando por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
Try our video maker at Animoto.
Neste curso púxose en marcha o proxecto das mochilas viaxeiras para os cursos de Infantil e do Primeiro Ciclo de Educación Primaria. Esta actividade está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar a súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.
A mochila viaxeira sae da BIBLIOTECA cara ás casas dos nenos e nenas do cole
Que a disfrutedes!
Try our video maker at Animoto.
23 oct 2012
15 oct 2012
Coa chegada do outono, os nenos e nenas de catro anos, fomos a biblioteca onde atopamos unha selección de libros e unhas follas para colorear. Cando rematamos de pintalas, levámolas a casa para que os nosos pais e nais nos axudaran a aprender ditos, cancións, refráns …… Por últimos contámoslles aos nosos compañeiros e compañeiras o que aprendemos na casa.
7 oct 2012
19 jun 2012
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS
Libros recomendados para as vacacións
INFANTIL
1º CICLO
2º CICLO
3º CICLO
6 jun 2012
No curso 2011 – 2012 o CEIP Menéndez Pelayo entrou dentro do Plan de Mellora
das Bibliotecas Escolares. Para nós foi unha gran
ledicia ser incluídos nos centros que se acollen a estas axudas, xa
que nos permitiu mellorar a nosa biblioteca e dar continuidade a moitas das actividades
que se viñan realizando nos últimos dous
anos.
Iniciamos este blog como unha experiencia máis, chamámoslle A caixa dos contos do Menéndez e, de momento, a nosa intención, é que serva para amosar un pouquiño do traballo que desenvolvimos.
PRIMEIRO TRIMESTRE
Os nenos de 1º A e 1º B fixeron un pequeño libro “ Outono”. Actividade de conta-contos: cóntaselles coma son as árbores e trabállase sobre o Carballo.
Actividades de conta-contos cos nenos de segundo “El árbol sabio”, tamén traballaron o “Outono” e fixeron o seu libro.
O OUTONO
Cartel
: "Para ler ao compás do Outono”.
Feito polos nenos de Infantil e
Educación Primaria na Biblioteca nos períodos de lecer, consta
dunha poesía adicada a outubro, diversos debuxos e adornos de dita
estación. Os nenos de 1º A e 1º B fixeron un pequeño libro “ Outono”. Actividade de conta-contos: cóntaselles coma son as árbores e trabállase sobre o Carballo.
Actividades de conta-contos cos nenos de segundo “El árbol sabio”, tamén traballaron o “Outono” e fixeron o seu libro.
“O día da Constitución”
OS CONTOS DE MEDO
É o título do noso primeiro proxecto de Biblioteca- Os nenos de Primeiro traballaron os seguintes contos coas súas respectivas actividades:
“Onde viven os
monstruos”.


- Os nenos de Cuarto leron “Bajo mi cama, una estrella” facendo despois unha portada inventado do libro. Fixeron tamén personaxes de medo. A lectura do libro fíxose na aula de música ambientada para a ocasión.
- Os cursos de Terceiro e Cuarto fixeron un marcapáxinas monstruoso. Escribiron contos de medo, fixeron debuxos, leron contos de medo na biblioteca e na clase coa PDI.
- No Terceiro Ciclo en 6º, leron "O corazón delator" de EdgarAllan Poe e "A pantasma de Canterbury" en 5º. Fixeron a lectura e o traballo na biblioteca. A busca de información fíxose na aula dos ordenadores, elaborando despois carteis e murais. Make your own slideshow at Animoto.
- Nas clases de inglés representáronse varias obras teatrais
- 6ºB (Escenarios 2º)
6ºA
Make your own slideshow with music at Animoto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)