No curso 2011 – 2012 o CEIP Menéndez Pelayo entrou dentro do Plan de Mellora
das Bibliotecas Escolares. Para nós foi unha gran
ledicia ser incluídos nos centros que se acollen a estas axudas, xa
que nos permitiu mellorar a nosa biblioteca e dar continuidade a moitas das actividades
que se viñan realizando nos últimos dous
anos.
Iniciamos este blog como unha experiencia máis, chamámoslle A caixa dos contos do Menéndez e, de momento, a nosa intención, é que serva para amosar un pouquiño do traballo que desenvolvimos.
PRIMEIRO TRIMESTRE
Os nenos de 1º A e 1º B fixeron un pequeño libro “ Outono”. Actividade de conta-contos: cóntaselles coma son as árbores e trabállase sobre o Carballo.
Actividades de conta-contos cos nenos de segundo “El árbol sabio”, tamén traballaron o “Outono” e fixeron o seu libro.
O OUTONO
Cartel
: "Para ler ao compás do Outono”.
Feito polos nenos de Infantil e
Educación Primaria na Biblioteca nos períodos de lecer, consta
dunha poesía adicada a outubro, diversos debuxos e adornos de dita
estación. Os nenos de 1º A e 1º B fixeron un pequeño libro “ Outono”. Actividade de conta-contos: cóntaselles coma son as árbores e trabállase sobre o Carballo.
Actividades de conta-contos cos nenos de segundo “El árbol sabio”, tamén traballaron o “Outono” e fixeron o seu libro.
“O día da Constitución”
OS CONTOS DE MEDO
É o título do noso primeiro proxecto de Biblioteca- Os nenos de Primeiro traballaron os seguintes contos coas súas respectivas actividades:
“Onde viven os
monstruos”.


- Os nenos de Cuarto leron “Bajo mi cama, una estrella” facendo despois unha portada inventado do libro. Fixeron tamén personaxes de medo. A lectura do libro fíxose na aula de música ambientada para a ocasión.
- Os cursos de Terceiro e Cuarto fixeron un marcapáxinas monstruoso. Escribiron contos de medo, fixeron debuxos, leron contos de medo na biblioteca e na clase coa PDI.
- No Terceiro Ciclo en 6º, leron "O corazón delator" de EdgarAllan Poe e "A pantasma de Canterbury" en 5º. Fixeron a lectura e o traballo na biblioteca. A busca de información fíxose na aula dos ordenadores, elaborando despois carteis e murais. Make your own slideshow at Animoto.
- Nas clases de inglés representáronse varias obras teatrais
- 6ºB (Escenarios 2º)
6ºA
Make your own slideshow with music at Animoto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario