1 mar 2016

Rosalía...

Estamos de parabéns...
O pasado 27 de febreiro, os representantes do CEIP Menéndez Pelayo xunto coas súas familias e mestras acudiron á Casa-Museo Manuel María para participar no Concurso de recitado de poesía destinado ao alumnado de ensino non universitario sobre poemas de Rosalía e Manuel María.
Tanto o grupo formado por nenas e nenos de 3 anos B con tres neneas de 2ºA, como Alejandro de 4ºB e Lucía de 5ºB fixeron un recitado impecable, cheo de sentimento, co que emocionaron a todo o público alí congregado. Lucía obtivo o premio na categoría 2 con poema "Galicia" e os nenos e nenas de Infantil coas nenas de 2 unha mención honorífica pola súa persoal interpretación de "O arco da vella".
En hora boa a todas e todos!!!