9 dic 2021

AS ABELLAS NO CAMIÑO

 O ecosistema do Camiño de Santiago depende da polinización. Os nenos e nenas de 4 anos traballamos o proxecto "AS ABELLAS"

 

.


  


As familias das alumnas e alumnos de 4 anos fixeron unhas fermosas manualidades sobre as abellas. Grazas pola colaboración




7 dic 2021

3 de decembro, Día internacional das persoas con incapacidade

Un día para todos:  #OMenéndezBaixoOMesmoParaugas

A discapacidade forma parte da condición humana, xa que todo o mundo nalgún momento da nosa vida pode experimentar unha incapacidade temporal ou permanente, a sociedade ten que estar preparada para iso.


O centro uniuse á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" facendo unha foto cun paraugas, ademais doutras actividades, e así reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas. Xuntas e xuntos quitamos barreiras! Sexamos responsábeis. #baixoOmesmoparaugas