7 abr 2015

MARWA OBAID RASHID AL AQROUBI



Moitas culturas,
unha historia
“Falamos diferentes linguas e vimos de
diferentes orixes, mais compartimos as
mesmas historias”
Historias internacionais… historias
tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e
amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus
nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e
imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha
única historia.”
Escrito por: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía
Marante e Sabela González.

2 abr 2015

Día internacional do libro infantil -2 Abril 2015-

Moitas culturas, unha historia é un texto de Marwa Obaid Rashid Al Agroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos. Traballa pola creación dunha cultura de lectura e proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidades política ou os desatres naturais na rexión de Asía Central e Norte de África:

"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesma historias"

 Que ilustra o cartes é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Isfahán, cidades iraní moi evocadora no mundo dos contos.








(bibliotecas escolares de Galicia)