28 ene 2022

Día Escolar da Non Violencia e da Paz 2022

"E ti, de que enches a túa mochila?"

Enchemos o noso colexio e a nosa mochila invisible con moreas de burbullas con palabras positivas.

As palabras teñen moito poder. Carga a túa mochila e a dos demais con palabras lixeiras, agradables, bonitas, que nos fan rir...Farás o teu camiño e o dos demais máis feliz!

Actividade baseada no conto: "La mochila invisible" (escrito por Anna Morató e ilustrado por Eva Rami).



11 ene 2022

"Arcimboldo e o outono"

O alumnado de 5 anos preséntavos o proxecto traballado durante o primeiro trimestre, titulado " Arcimboldo e o outono". Proxecto que nos permitiu ademais de traballar unha estación como é o outono, coñecer ao pintor Arcimboldo e introducirnos na arte.

Ademais foi o punto de partida para viaxar a un país como Italia e comezar así o proxecto anual "A volta ao mundo"