16 sept 2020

BENVIDOS!!!!

Acordádesvos!

O curso pasado estudamos esta floriña!!!  

Cando a vemos no campo, indícanos un cambio... .... cambio de temperatura, cambio de estación, un cambio do tempo, un cambio das actividades, ... ... Nós tamén estamos nun novo tempo, nun novo curso que vai ser tamén diferente. A biblioteca tamén vai funcionar dun xeito distinto, irémosvos indicando como vai ser.
A pesar de todo temos que seguir lendo e lendo moito. Ler para descubrir, ler para aprender, ler para investigar, ler para poder opinar, ler para entender,... ... 
Dende a biblioteca seguímosvos animando coa lectura.
Bo curso.
Moito ánimo a todos e todas.