14 feb 2021

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

En 5ºB estamos a traballar as Mulleres na Ciencia. Nos vindeiros días expoñeremos os nosos traballos de investigación baixo un código QR. Convídámoste a seguirnos. Cada unha das mulleres disporá dun código para que ti o abras. Descobre e aprende con nós!

"A señorita Bubble" (Ledicia Costas), como inventora que é, instalouse tamén con nós.

 

"Non pare a festa"

Canción "Non pare a festa" de Os Amigos dos Músicos, composta para o libro "Non pare a festa (É tempo de Entroido 2)", de Ramón D. Veiga e David Sierra. Edicións Xerais de Galicia, 2021 (Siradella Films).

Novo libro sobre o entroido de Ramón Veiga e David Sierra, 'Non pare a festa', editado por Xerais. O libro, enfocado ao público infantil, é unha continuación de 'É tempo de entroido' (Xerais, 2018), onde a música a puxera Isabel Fdez. Reviriego (Aries). Desta volta, Os Amigos dos Músicos son os encargados de facer cantar a pequenas e pequenos mentres van descubrindo os debuxos de David Sierra. 

 A canción é un percorrido polos diferentes personaxes e lugares do entroido galego. A letra de Ramón Veiga vai presentando unha comitiva na que o boteiro, a madama ou o chocalleiro se xuntan co boi, a gárgola ou a marela para festexar o final do inverno e o comezo da primavera. Unha viaxe polo entroiro de Riós, Boborás, Viana, Celanova, Esgos, A Veiga ou Buxán na que as crianzas se poderán mergullar no universo do carnaval galego, nun ano que fará moi difícil que se poida celebrar nas condicións habituais.

 

 

11 feb 2021

De mayor quiero ser científica...

Quero ser matemática...

Investigadora farmacéutica...

 
 
Mulleres sabias da terra
 

 Premer na imaxe

De mayor quiero ser científica...

Vídeos... quero ser científica...

Enxeñeira informática...

Enxeñeira de tecidos...




De mayor quiero ser científica...

 Máis vídeos da serie "De mayor quiero  ser científica".





De mayor quiero ser científica...

 “De mayor quiero ser científica” es una serie educativa y entretenida de cortos audiovisuales. En cada episodio niñas y científicas presentan perfiles de profesionales biomédicas desde lo cercano y cotidiano. La serie permitirá la comprensión de las tareas que desempeñan científicas de diferentes áreas de la biomedicina, relacionándolas con competencias STEAM (del inglés Science, Technology, Engineering, Arts and Mathematics) como son las matemáticas, las ingenierías, tecnología, la computación e incluso el arte.


 




5 feb 2021

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia


No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional e especial,  recoñecer o papel decisivo que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía. A finalidade é lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS  incluídos na Axenda 2030
 

 
MULLERES CON CIENCIA

4 feb 2021

Recitando a Rosalía...

 

Unha estrela chamada Rosalía

"As estrelliñas todas que aló no espazo están, sorrindo nos miraban con soave craridá". Rosalía escribiu estes versos, agora unha desas estreliñas leva o seu nome.

A campaña NameExoWorlds 2019 validou a elección despois de que a candidatura da escritora galega obtivese moitos votos no seu favor.

 
    Premer na imaxe 
 
Premer na imaxe



24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro é o día de ROSALÍA DE CASTRO, xunto co equipo de Dinamización da Lingua Galega deixámosvos un vídeo e unha serie de actividades interactivas para que poidades gozar e facer.

Empezamos. Imos cantar: