5 abr 2017

Rosalía sempre viva

O colexio participou na III edición do concurso escolar de recitado poético “ Rosalía sempre viva” convocado pola Casa-Museo Manuel María. A fase final  tivo lugar o pasado sábado 18 de marzo, en Outeiro de Rei.
Foi unha xornada moi gratificante na que os nosos participantes, un grupo de 24 nenas e nenos de 1º A e 1º B co poema “ A natureza” de Manuel María, Area López de 3ºA con  “Teatro de guiñol “ de Manuel María, Rosalía Bernárdez de 5ºA con “ Unha vez tiven un cravo” de Rosalía  de Castro e Lucía Ónega con “ A fala” de Manuel María nos deleitaron e emocionaron coa sensibilidade e sentimento amosados nas súas execucións.
E, unha vez máis, estamos de en hora boa, o grupo de 1º recibiu unha mención honorífica e Rosalía o premio na categoría 2.
Ánimo e a seguir nesta festa da poesía!




No hay comentarios:

Publicar un comentario