27 feb 2017

Entroido

As seccións bilingües...


#mobilizaRosalía2017

 Parabéns!
 O colexio participou na III edición do concurso escolar de recitado poético "Rosalía sempre viva” convocado pola Casa-Museo Manuel María,nas categorías 1 e 2. A fase final  tivo lugar o pasado sábado 18 de marzo, en Outeiro de Rei.

Foi unha xornada moi gratificante na que os nosos participantes, un grupo de 24 nenas e nenos de 1º A e 1º B co poema “ A natureza” de Manuel María, Area López de 3ºA con “ Teatro de guiñol “ de Manuel María, Rosalía Bernárdez de 5ºA con “ Unha vez tiven un cravo” de Rosalía  de Castro e Lucía Ónega con “ A fala” de Manuel María nos deleitaron e emocionaron coa sensibilidade e sentimento amosado nas súas execucións.

E, unha vez máis, estamos de en hora boa, o grupo de 1º recibiu unha mención honorífica e Rosalía o premio na categoría 2.

Ánimo e a seguir nesta festa da poesía!



20 feb 2017

Vai de cine...

Hoxe visítanos no noso colexio Antonio Pereira Saqués, director de arte de películas, series de TV e spots publicitarios. É tamén deseñador de decorados e escenografías. Polo seu traballo recibiu varios premios, entre eles o Premio Mestre Mateo 2016 á mellor Dirección de Arte.


 

18 feb 2017

MONET

Os nenos e nenas de 5 anos traballamos o pintor impresionista Monet, pintamos cadros con distintas técnicas, aprendemos cousas da súa vida e a mamá de Iago leunos un conto sobre o pintor. Pasámolo fenomenal !!!!

10 feb 2017

Día da Paz 2017

O tema deste ano para o día da paz foi: " dá o que poidas, colle o que precises".  Cada un dos integrantes da comunidades educativa fomos poñendo o noso mellor desexo e recollendo a palabra de ánimo que necesitabamos.








6 feb 2017

FAMILIAS CONTADORAS: RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

As nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º desfrutamos moito coa charla de Diego Rois Losada. Falounos das vacas, das ovellas, das cabras, da galiña de Mos, do porco celta, do cabalo, dos cans. Ademais Samuel Ferro de 4ºA  contounos cousas das súas galiñas de Mos e ata nos trouxo uns ovos. 
Agora tamén temos un almanaque da selección galega de razas autóctonas!