13 dic. 2012

OS PITIÑOS

Os nenos e nenas de 4 anos investigamos como son os pitiños. Fomos a biblioteca a ver contos de galiñas, galos, pitos e os seus amigos da granxa, despois fixemos un polo de plastilina. Os pais e nais axudáronnos a saber mais cousas destes animais.
20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

27 nov. 2012

mochila

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores esperando por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.

Neste curso púxose en marcha o proxecto das mochilas viaxeiras para os cursos  de Infantil e do Primeiro Ciclo de Educación Primaria.  Esta actividade está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar a súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.

A mochila viaxeira sae da BIBLIOTECA cara ás casas dos nenos e nenas  do cole
Que a disfrutedes!






Try our video maker at Animoto.

15 oct. 2012

Coa chegada do outono, os nenos e nenas de catro anos, fomos a biblioteca onde atopamos unha selección de libros e unhas follas para colorear. Cando rematamos de pintalas, levámolas a casa para que os nosos pais e nais nos axudaran a aprender ditos, cancións, refráns …… Por últimos contámoslles aos nosos compañeiros e compañeiras o que aprendemos na casa.

6 jun. 2012


No curso 2011 – 2012 o CEIP Menéndez Pelayo entrou dentro do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. Para nós foi unha gran ledicia ser incluídos nos centros que se acollen a estas axudas, xa que nos permitiu mellorar a nosa biblioteca e dar continuidade a moitas das actividades que se viñan realizando  nos últimos dous anos.
Iniciamos este blog como unha experiencia máis, chamámoslle  A caixa dos contos do Menéndez e, de momento, a nosa intención, é que serva para amosar un pouquiño do traballo que desenvolvimos.
PRIMEIRO TRIMESTRE

O OUTONO


    Cartel : "Para ler ao compás do Outono”.
 Feito polos nenos de Infantil e Educación Primaria na Biblioteca nos períodos de lecer, consta dunha poesía adicada a outubro, diversos debuxos e adornos de dita estación. 
Os nenos de 1º A e 1º B fixeron un pequeño libro “ Outono”. Actividade de conta-contos: cóntaselles coma son as árbores e trabállase sobre o Carballo.
Actividades de conta-contos cos nenos de segundo “El árbol sabio”, tamén traballaron o “Outono” e fixeron o seu libro.


O día da Constitución”

Os nenos do Primeiro Ciclo fixeron a actividade de conta-contos recordando e conmemorarando a festividade do Día da Constitución. Contóuselles o conto “Los leones de las Cortes”. Os nenos despois fixeron debuxos dos leóns das Cortes.








  OS CONTOS DE MEDO

É o título do noso primeiro proxecto de Biblioteca

  • Os nenos de Primeiro traballaron os seguintes contos coas súas respectivas actividades: 
“Ahora no, Bernardo” 
“Onde viven os monstruos”. 




  • Os nenos de Cuarto leron “Bajo mi cama, una estrella” facendo despois unha portada inventado do libro. Fixeron tamén personaxes de medo. A lectura do libro fíxose na aula de música ambientada para a ocasión.


  • Os cursos de Terceiro e Cuarto fixeron un marcapáxinas monstruoso. Escribiron contos de medo, fixeron debuxos, leron contos de medo na biblioteca e na clase coa PDI.











  • No  Terceiro Ciclo  en 6º, leron "O corazón delator" de EdgarAllan Poe e "A pantasma de Canterbury" en 5º. Fixeron a lectura e o traballo na biblioteca. A busca de información fíxose na aula dos ordenadores, elaborando despois carteis e murais.
  • Make your own slideshow at Animoto.
    Nas clases de inglés representáronse varias obras teatrais
    6ºB (Escenarios 2º)


6ºA






Make your own slideshow with music at Animoto.