22 mar 2013

A MELRA E O LOBO

 Adaptación dun conto popular dramatizado por Javier, Yeymi e Selene, con música de Milesios. decorados feitos polos nenos de 5º B e dirixido pola profesora Mercedes.



A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA



A nosa homenaxe a Rosalía. Os nenos de segundo debuxaron e escribiron poesías de Rosalía.




ENTRE A MURALLA E OS CASTROS



O cole vai ambientándose… Os nenos van facendo os seus traballos







18 mar 2013

OS INDIOS

Os nenos e nenas de 4 anos fomos á biblioteca para investigar a vida dos indios americanos: costumes, onde vivían, as vestimentas ….  Tamén lles pedimos axuda aos pais e nais  na nosa investigación.



Xogamos aos indios cazando, pescando, bailando e cantando.


INDIOS - foto montaje


Inventamos historias e debuxámolas sobre a pel dun bisonte


Make your own slideshow with music at Animoto.

O POLO PEPE


 Os nenos e nenas de 3 anos B fomos á biblioteca do cole. A profe Pilar contounos o conto do Polo Pepe e ensinounos a canción.
Logo pintamos con témpera de cor amarela e laranxa. Gustounos moito!!!!

OS INVENTOS


Os nenos e nenas de 5 anos A estivemos na biblioteca investigando sobre os inventos, despois fixemos un debuxo.


Trouxemos da casa inventos feitos por nosoutros coa axuda dos nosos pais e nais.

Make your own slide show at Animoto.

6 mar 2013

TRASNOS E FADAS

Os nenos e as nenas de 3 anos A fomos a biblioteca a ver contos de trasnos e fadas. Fixemos unha variña máxica, unha cinta, uns debuxos e cantamos cancións. Pasámolo moi ben !!!


3 mar 2013


Os nenos e nenas de 5 anos B fomos á biblioteca do noso colexio e investigamos sobre os tipos de vivendas. De volta na aula construímos  casas con diferentes materiais.