28 may. 2013

ROMAN MOSAIC

Na sección bilingüe ARTS AND CRAFTS fixemos unha reproducción do mosaico romano que representa ó deus Neptuno e que podemos ver no museo "A casa dos mosaicos".Neste proxecto participaron alumn@s de distintos niveis, grazas a tod@s pois foi un traballo moi duro.

23 may. 2013

OS DITOS ROMANOS

OS DITOS ROMANOS

Os proverbios romanos son sentenzas breves, sacadas da experiencia e especulación dos antigos sabios romanos. Moitas son observacións acuñadas pola experiencia colectiva ao longo do tempo, con temas que van dende a meteoroloxía ata o destino invariable e fatalista da existencia. Constitúen a bagaxe cultural do pobo romano en tempos nos que a tradición oral pasaba a sabedoría popular dunha xeración aoutra.

13 may. 2013

DEUSES E DEUSAS ROMA

OS HABITANTES DOS CASTROS

"ENTRE A MURALLA E OS CASTROS"

Durante o curso 2012 – 2013 o Proxecto da Biblioteca chámase ENTRE A MURALLA E OS CASTROS. Decorouse a biblioteca , e puxéronse libros para o préstamo e para consulta sobre dito tema. Leva traballándose todo o Segundo Trimestre, os traballos expoñeranse no Terceiro Trimestre.

"ALIMENTACIÓN EN TEMPOS DOS ROMANOS"

"...OS ROMANOS COMÍAN ASÍ"

Os nenos tamén, traballaron algunhas receitas.

"... OS ROMANOS COMÍAN ASÍ"

Os nenos de SEGUNDO B traballaron os alimentos que comían os romanos. Fixeron un mural.

A ROMA IMPERIAL

" A PAX ROMANA"

Debuxos animados

Roma

Reconstrución da Roma antiga