27 nov 2017

Obradoiro de Sabela Díaz

Sabela Díaz foi que conduciu este obradoiro dirixido ao alumnado de 4º A e 4ºB durante catro xornadas formativas. Ao tempo foi introducindo algúns elementeso básicos do cómic (viñeta, globos, liñas, expresións, planos,...).
Os nenos e nenas foron creando unha historieta de temática medio ambiental.
Toda unha gozada!


!





























25 nov 2017

Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero

Un grupo de nenas e nenos de 4º de Primaria do CEIP Casás acompañados de Anxo, o seu titor, trouxo ao escenario do centro "Historias verdadeiras",  unha recreación de escenas machistas a modo de pinceladas reais. Moitas grazas.
Violencia de xénero




10 nov 2017

Obradoiro de ilustración con Estefanía Padullés

O alumnado de 5º e 6º desfrutou dunha xornada formativa con Estefanía Padullés, bióloga, escritora e ilustradora de contos. Este obradoiro de ilustración e aplicación no mundo editorial permitiunos coñecer o proceso de elaboración dos libros. Para rematar deleitounos coa elaboración de debuxos, demostrando a súa mestría nesta arte. 























1 nov 2017

25 ANOS!!!

O noso cole está de celebración... 25 anos!
Para celebralo o equipo da biblioteca organizou unha exposición no hall do cole con material escolar, libros de texto, libros de lectura,... ... do século pasado.
Aproveitando dito acontecemento invitouse as autoridades municipais, as familias, aos centro de arredor noso,... a visitala.
Foi unha experiencia moi interesante para os nenos e adultos, volver ao pasado onde non había ordenadores, nin material dixital, nin MP3,... ...