30 may 2017

Bolero de Ravel

Música dos impresionistas: fragmento do "Bolero" de Ravel, interpretado por Mireya, César e Uxío de cuarto.

Obras de Paul Cezanne

CÉZANNE

Resultado de imagen de cezanne bodegones
Lonxe da relaxación da pintura impresionista formal, Cézanne reivindica na súa forma de naturezas mortas a liña, dá aos elementos dun volume e xeomotría que moitas veces perdeuse nas impresións das luces dos autores contemporáneos del. Ve nos obxectos cotiáns as formas básicas, tales como cono, circunferencia, cilindro ou esfera e lles dá vida independiente da súa condición de inerte.


Resultado de imagen de cezanne bodegones



As nosa interpretacións de Cézanne:







25 may 2017

LETRAS GALEGAS 2017



 





LETRAS GALEGAS 2017: VISITA DE TOÑO NÚÑEZ

Co gallo da celebración das Letras Galegas, recibimos no CEIP Menéndez Pelayo a Toño Núñez, escritor e mestre que nos falou do seu conto O monstro dos Ancares e que nos fixo un agasallo, "Pareados a puñados".
Moitas grazas.




TOÑO NÚÑEZ NA SÚA VISITA AOS GRUPOS A




....E AOS GRUPOS B

Día do libro - lectura en infantil

Como é tradicional no noso cole, os alumnos e alumnas de sexto de primaria van ler e contar contos aos nenos e nenas de educación infantil. É unha experiencia moi especial para todos.




Samuel Gandoy fixo o seu propio conto:






3 may 2017

Día do libro

Durante a semana do libro, recibimos unha invitación do IES Leiras Pulpeiro a visitar a biblioteca do centro e facer un taller de bande deseñada, os invitados do evento foron os alumnos de sexto.
Dende aquí os damos as gracias e esperamos repetir.

http://biblioleiras.blogspot.com.es/2017/05/o-ceip-menende.html


1 may 2017

RENOIR


Pierre-Auguste Renoir 122.jpg

A  pintura retrata unha escena da cidade no momento en que comenza a chover con varios personaxes, case todos con paraugas. A composición xoga con formas semicirculares e circulares (cesta, paraugas ou no anel) predominando a cor azul. O tratamento da xeometría pode ser influenciado pola obra de Cézanne, aínda que a forma humana da representación é moi típico de Renoir, marcado pola suavidade, calor e a idea de felicidade dos personaxes, contrastando coa atmósfera gris do día de choiva.
Mirbeu di sobre Renoir "quizás o único pintor que nunca pintou un cadro sombrío"

Os nenos e nenas de primeiro e segundo fixeron a súa interpretación do cadro de Renoir.
Primeiro...:






Segundo...