23 sept. 2016

Cartel e lema das Bibliotecas Escolares para o curso 2017-2017

"Biblioteca Escolar - Territorio das Artes  é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás biblitecas escolares dos centros educativos galegos.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e lectores, propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e lectoras o interese por achegarse a apreciar os productos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocrecións, videoxogos)"


Benvido curso 2016-2017

Ola a tod@s! Ya estamos de volta e dispostos a novas aventuras na biblioteca para este curso!