19 dic. 2014

AS ABELLAS

Os nenos e nenas de 3 anos B fomos á biblioteca para investigar sobre as abellas, vimos o traxe e os aparellos do esmelgador e fixemos traballos sobre elas. Os pais e nais trouxeron contos, información, panais e mel.Que rico estaba!!! Con tódolos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil fixemos un mural. Grazas pola vosa colaboración. 


18 dic. 2014

OS INSECTOS

Os nenos e nenas de 4 anos B, nvestigamos nos libros da biblioteca do centro e da nosa aula,
así como en internet sobre os insectos.


OS INDIOS

Os nenos e nenas de 4 anos  investigamos sobre os indios, nos libros da nosa biblioteca. Aprendemos a cantar e bailar coma eles: “ANI KUNI” E “LA DANZA DE LA LLUVIA” 


14 dic. 2014

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Os nenos e nenas de 3 anos B, traballamos o conto de Carapuchiña Vermella. Trouxemos contos da casa, dramatizámolo e fixemos traballos.


9 dic. 2014

Caderno Viaxeiro

As mochilas viaxeiras van acompañadas dun caderno, o caderno viaxeiro. Queremos dende a biblioteca, darvos aos papás e mamas as grazas polos vosos comentarios. É un aliciente para seguir facéndoo.