19 may 2014

ASIA

O seguinte destino da nosa viaxe foi Asia:
·       Na India aprendemos un baile, o Diwali (a festa das luces),as vacas sagradas …
·       En China: os guerreiros de terracota, a súa muralla, os seus proverbios …
·        No Xapón o origami (papiroflexia), os abanicos, a súa comida ….


7 may 2014

DÍAZ CASTRO - ESA LUS

Esa lus,  canción para Díaz Castro desde o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiñao seu misterio
o neno Pepe escribirá.

(est 1)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmento de min mesmo
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus

(est 2)
Es lus, es lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Más de once liinguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá

(est 1)
(est 2)

Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá

(est 1)
(est 2

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Poema de "NIMBOS", obra de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014.
Creaodo polo Ceip Plurilingüe San Xoán de Filgueira.




Animación do poema "Esmeralda" de Díaz Castro. CEIP plurilingüe San Xoán de Filgueira.

LETRAS GALEGAS 2014 - XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

O equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Arteixo (A Coruña) elaborou esta breve biografía de Xosé María Díaz Castro, autor ao que se adican as Letras Galegas 2014.



No ano 1987 a produtora de vídeo Ophiusa acompaña a Díaz Castro polo lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. Nimbos de poesía é o resultado desta viaxe ao mundo do autor.




Documental realizado polo CPI dos Dices-Rois sobre o poeta Díaz Castro.