27 nov. 2012

mochila

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores esperando por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.

Neste curso púxose en marcha o proxecto das mochilas viaxeiras para os cursos  de Infantil e do Primeiro Ciclo de Educación Primaria.  Esta actividade está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar a súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.

A mochila viaxeira sae da BIBLIOTECA cara ás casas dos nenos e nenas  do cole
Que a disfrutedes!






Try our video maker at Animoto.