19 may 2023

Lecturas compartidas 22-23

Durante o curso os nenos e nenas de 5º e 6º contaron, leron, escribiron, compartiron...contos cos seus compañeiros e compañeiras máis pequenos.

Fixeron distintas actividades, debuxos, marcapáxinas, monicreques...e os máis pequenos todos encantados!!!

10 mar 2023

Poetas


 Os alumnos de 5ºB fixeron un gran traballo, investigaron sobre poetas ao longo do noso planeta e tamén unha pescuda sobre as nosas poetas galegas. Moitas grazas rapaces e rapazas!!

25 feb 2023

Rosalía de Castro no Menéndez

O noso cole homenaxea a Rosalía de Castro, facendo diversas actividades poesías, debuxos, recitados...

Organizouse un concurso de deseño do "R" de Rosalía entre o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.


1 feb 2023

Día da Paz e da Non Violencia - Educación Primaria

30 de xaneiro, DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

Durante a semana anterior estivemos preparando varias actividades no noso cole:





 

Día da Paz e da Non Violencia - Educación Infantil

30 de xaneiro, DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. 

No noso cole os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron o seguinte cartel:


 

1 dic 2022

25 de novembro - Pintamos algo

Durante a semana do 21 ao 25 de novembro entre o equipo de biblioteca, dinamización lingüística e as seccións bilingües organizouse unha actividade para todos os nenos e nenas do noso cole, desde Infantil ata sexto de Primaria. O texto lema foi:

Está nas nosas mans o cambio, todos podemos facer algo e ser parte do cambio na nosa sociedade.


18 nov 2022

Outono 2022

Iniciamos o novo curso co tema do outono 


Don carballo chora landras

na amencida.

 

E don Outono baballa

néboa fría.

 

Don Labrego, de sombreiro,

aplaude a don Castiñeiro

con variña de abelaira.

 

E don Ourizo da chaira,

como non se ten coa risa,

cáenlle dentes de castaña.

 

HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia

 

 


As nenas e nenos de 3ºA recitaron esta poesía de outono aos compañeir@s do colexio






11 nov 2022

O MEDO NA ARTE


As rapazas e rapaces de 6º crearon as súas propias versións do cadro "El grito" de Edvard Munch para representar o medo, a desesperación, a angustia, a ansiedade.




8 nov 2022

CONTOS DE MEDO


As nenas e nenos de 4ºB crearon contos de medo que leron na clase de 1ºA. Ademais  deron explicación do deseño das portadas e contraportadas e das diferentes partes do conto.
Unha experiencia para repetir!






Máis contos de medo de alumnos/as de 5to e 6to:

14 sept 2022

NOVO PROXECTO NA BIBLIOTECA

O proxecto deste curso leva por nome "Axentes de cambio". Nel trataremos e realizaremos actividades relacionadas cos ODS, obxectivos globais deseñados para acadar un futuro mellor e máis sostible para todas e todos.