27 feb 2017

#mobilizaRosalía2017

 Parabéns!
 O colexio participou na III edición do concurso escolar de recitado poético "Rosalía sempre viva” convocado pola Casa-Museo Manuel María,nas categorías 1 e 2. A fase final  tivo lugar o pasado sábado 18 de marzo, en Outeiro de Rei.

Foi unha xornada moi gratificante na que os nosos participantes, un grupo de 24 nenas e nenos de 1º A e 1º B co poema “ A natureza” de Manuel María, Area López de 3ºA con “ Teatro de guiñol “ de Manuel María, Rosalía Bernárdez de 5ºA con “ Unha vez tiven un cravo” de Rosalía  de Castro e Lucía Ónega con “ A fala” de Manuel María nos deleitaron e emocionaron coa sensibilidade e sentimento amosado nas súas execucións.

E, unha vez máis, estamos de en hora boa, o grupo de 1º recibiu unha mención honorífica e Rosalía o premio na categoría 2.

Ánimo e a seguir nesta festa da poesía!



No hay comentarios:

Publicar un comentario